Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Alemán de Muxía expón a súa obra Costa da Morte na Casa Galicia de Madrid

O Alemán de Muxía expón a súa obra Costa da Morte na Casa Galicia de Madrid
Detlef Kappeler presentando na Casa Galicia de Madrid a sua mostra Costa da Morte

O poder simbólico da Costa da Morte reflíctese en numerosos eidos. E o da influencia sobre os artistas é clave. Non hai pintor, poeta, escultor... que pase pola bisbarra e non quede prendado, ata o punto de adicarlle unha Mostra. Algo así pasou ao protagonista de hoxe, o artista e catedrático alemán residente en Muxía dende hai 6 anos Detlef Kappeler.

Kappeler inaugurou hoxe na Casa de Galicia a súa exposición de pintura "Costa da Morte", organizada coa colaboración da Embaixada de Alemaña en España, que poderá verse ata o próximo día 31.

"As pinturas de Kappeler están cheas de movemento, son imprevisibles e dramáticas, como o Atlántico e a paisaxe de Galicia. Expresan a busca e a inquietude dun artista que se inmisce e que entende a arte como un acompañante crítico", comentaron durante a presentación da mostra. Tamén apreciou que ten que ver moito coa biografía do pintor, que inclúe a vivencia da Segunda Guerra Mundial na súa infancia.

I é que Kappeler asumiu dende hai uns anos "a conciencia mítica dun dos Finisterres atlánticos máis ligados ao xermanismo romántico, Muxía, un territorio cultural de vellos mariños, na Costa da Morte, no que diluíu, en termos pictóricos, unha tradición que casa a Hölderlin, Rosalía e ao Lorca del Romancero e Poeta en New York. A todos os fixo carne de pintura en xestos críticos".

Kappeler, que ten un amplo pasado artístico, de máis de cincuenta anos nos que pasou por diversos estilos, preferiu que fosen as súas pinturas as que falaran por el. "Vivo coas miñas contradicións, comigo, coa natureza e cos seres humanos", manifestou non obstante, valorando que, "con fantasía, se pode ver todo no Atlántico" e que falta amizade por parte dos seres humanos coa natureza.

"Na exposición 'Costa da Morte' presento obras novas, creadas en Galicia. Son a miña forma de interpretación dos acontecementos actuais: reflexións, a penetración da realidade para pintar a vida nas súas contradicións, encontrándome deste xeito nunha constante busca", reflexiona o artista, para quen os seus cadros "son composicións abertas, ás veces concretas, ás veces máis abstractas”.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios