O BNG de Muxía critica o uso partidista do clube de fútbol
08:11 28/06/16
Carlos Fernández Concheiro, voceiro do BNG de Muxía
O BNG de Muxía vén de criticar o uso partidista que están a facer os membros do PSOE local despois de que o goberno municipal, encabezado por Félix Porto, obrigase a retirar unha candidatura á directiva do clube de fútbol. Ao parecer, os socialistas amenzaron aos candidatos con que "de presentarse, non se realizarán as inversións prometidas no campo da Arliña", aseguran os nacionalistas.
Deste xeito, o BNG rexeita esta actitude mafiosa e lémbralle ao alcalde que o diñeiro que xestiona non é seu, senón de todos os veciños e veciñas que pagan os impostos en Muxía. "Non só é corrupción o expolio do diñeiro público, tamén o é confundir o propio partido co pobo e dividir este en amigos e inimigos", indica a formación nacionalista.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- BNG Muxía