O Camiño alonxa os eólicos da zona de Muxía
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a negativa da Dirección Xeral de Patrimonio á instalación de aeroxeradores no parque eólico Muxía II, na área de influencia do Camiño de Fisterra a Muxía. En concreto, nun tramo que afecta ás parroquias de Morquintián e Moraime, ambas as pertencentes ao municipio muxián. A empresa Desenvolvementos Eólicos presentara un recurso en alzada contra a decisión de Patrimonio, que, con todo, non recibiu resposta. Contra esa desestimación por silencio administrativo, a empresa acudiu á xustiza pero os xuíces danlle a razón á Xunta.
Un problema patrimonial que xa avanzaban ADEGA e o grupo ecoloxista da Ponte do Porto PX, e que os propios veciños xa valoraran no 2008, malia non presentar demasiada oposición.
O tribunal sinala que o citado informe non é impugnable. Así, a empresa deberá levantar os seus aeroxeradores a maior distancia da pretendida, tal e como se lle indicaba desde a Xunta.
O parque eólico Muxía II aínda está pendente de construír, aínda que xa ten todos os permisos. Terá 34 muíños. Ademais de Morquintián e Moraime tamén afectará aos montes de Nemiña.
Novas relacionadas
- 14-05-09: Os eólicos avanzan cara Muxía coa oposición de Patrimonio e de moitos veciños.
- 26-02-09: ADEGA tamén protesa pola liña de alta tensión dos eólicos de Muxía .
- 23-07-08: PX mostra o seu rexeitamento ao parque eólico de Muxía .
- 24-04-08: A Liña de Alta Tensión para os eólicos de Muxía, a exame .
Fonte
- Redacción de FRan Lago para QPC e radiONeria.
- La Voz de Galicia.