O Campionato de Pesca Submariña cede 350 kg de peixe a Cáritas
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2012/09/25/Arturo-Pasantes-ganou-o-Campionato-de-Pesca-Submarina-de-Muxia.jpg)
![Arturo Pasantes ganou o Campionato de Pesca Submarina de Muxia Arturo Pasantes gañou o Campionato de Pesca Submariña de Muxía](/media/quepasanacosta/images/2012/09/25/Arturo-Pasantes-ganou-o-Campionato-de-Pesca-Submarina-de-Muxia.jpg)
Máis de 350 kg de peixe capturado no transcurso de I Campionato Solidario de Pesca Submarina, foron doados a Cáritas o pasado sábado, en virtude do acordo subscrito entre o Club Costa da Morte Sub, organizador do evento e a empresa Ferroatlántica, patrocinadora do mesmo. Unha boa iniciativa, a de doar as pezas capturadas polos participantes.
Entre eles, o camariñán Arturo Pasantes Vidal, bombeiro en Cee e pertencente ao club local, proclamouse vencedor da proba, que reuniu a máis de 60 participantes.
O campionato celebrouse ao longo da mañá do sábado na praia de Lourido (Muxía) e desenvolveuse con total normalidade, de acordo co previsto. Entre as especies capturadas e doadas á entidade benéfica, podían atoparse pinto, maragota, sargo, robaliza, dourada, mújel, abadexo, etc... Neste sentido, a organización puxo o acento no respecto aos bancos marisqueiros da ría e no cumprimento da normativa da federación por parte dos deportistas participantes.
Entre as pezas capturadas, unha robaliza de 2790 gramos, capturada por Abraham Padín, do Club Sotavento, foi a de maior tamaño.
Clasificación
![5 primeros clasificados no Campionato de Pesca Submarina de Muxia Os 5 primeros clasificados no Campionato de Pesca Submarina de Muxia](/media/quepasanacosta/images/2012/09/25/5-primeros-clasificados-no-Campionato-de-Pesca-Submarina-de-Muxia.jpg)
Os dez primeiros clasificados da proba foron os seguintes:
- 1º: ARTURO PASANTES VIDAL (CAS COSTA DA MORTE SUB).
- 2º: CARLOS GUISAMONDE ATAN (CAS COSTA DA MORTE SUB).
- 3º: ALFREDO VARELA GARCÍA (OZA - O PUNTAL).
- 4º: AGUSTÍN LOURO LAGO (CAS COSTA DA MORTE SUB).
- 5º: IVÁN COSTA GARCÍA (CAS COSTA DA MORTE SUB).
- 6º: ABRAHAM PADÍN GUILLÉN (SOTAVENTO).
- 7º: PEDRO SILVA CARBALLO (CAS COSTA DA MORTE SUB).
- 8º: SANTIAGO PAZ GONZALEZ (CAS COSTA DA MORTE SUB).
- 9º: MARIO DEAÑO GARCÍA (ADC RASPA).
- 10º: JESUS MUMBERTO CASTRO ALBOREZ (CAS COSTA DA MORTE SUB).
Novas relacionadas
- Coñecendo a vida baixo as augas de Fisterra.
- O carnotán Xoán López Cambeiro acadou o segundo posto no Campionato CazaFotosub de Lira.
Fonte
- Nota de prensa de Ferroatlántica.