O congro será o actor principial da Semana Santa muxiá
Volve o congro ser protagonista en Muxía por Semana Santa. Unhas datas nas que haberá moito máis no Concello de Muxía, se ben parece evidente que o Santuario non poderá acoller as visitas que normalmente recibía nestas sinaladas datas.
E como dicimos teremos un pouco de todo, con arte, gastronomía e deporte como actores principais.O sábado 12 xa abre a Mostra de Pintura e Artesanía Local na Casa das Beiras, que permanecerá aberta ata o luns 21.
O venres 18 será o día propio do Congro, con degustación de varios tipos de congro na zona do paseo a partir das 13:00h. Un xeito de levar o padal de viaxe histórico.
Pero ademais, a fin de semana completarase cunha actividade deportiva de gran nivel. As Xornadas Técnicas de Kaiak de Mar Muxía achegarán á vila da Barca a especialistas de todo o país. Xa arrincarán o mércores 17 coa recepción de participantes pola mañá e un curso de GPS e VHS pola tarde. O xoves 18 será o da travesía entre Muxía e Camariñas. O 19 haberá doble curso eo domingo 20 será unha mañá de xogos esquimais.
Novas relacionadas
- Unha viaxe en vídeo camiñando cara ó mar de Muxía.
- Documental “Secando ao vento do mar”.
- O congro de Muxía puido secar ao sol de setembro.
- A esperanza dunha tradición que seca ao vento do mar .
- A Costa en Verde: O roteiro do congro.
- Recunchos da Costa: O secadoiro de congrios de Muxía.
Semana Santa 2014
- Ponteceso bótase aos Pinchos por Semana Santa.
- Os fisterráns preparan a súa Semana Santa.
- A Panorama volverá estar nas Festas do Cristo de Fisterra.
- A Mostra do Encaixe 2014 xa ten cartel.
- Carnota abre as portas por Semana Santa ca III Mostra Víndemo Ver.
- Corcubión baila a ritmo de Cumbia por Semana Santa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Concello de Muxía.