Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O lobo mariño "Leis" recupérase no CEMMA

  • A Coordinadora para o Estudo dos Mamímeros Mariños publica un artigo sobre o primeiro avistamento de lobo mariño melánico en Galicia, acontecido en Corme
Leon Marino Leis en Muxia
"Leis" descansando na praia de Leis
O lobo mariño "Leis" recupérase no CEMMA

”Leis” é un lobo mariño cincento que apareceu na praia muxiá que lle puxo nome. Chegou delgadiño ao areal, e foron varios veciños da zona os que alertaron á CEMMA Cetáceos da súa presenza. Ao ter unhas feridas, dende a Coordinadora de Estudos de Mamímeros Mariños consideraron necesario recollelo e levalo ás súas instalacións en Nigrán, onde se recupera.

O seu proceso de rehabilitación é lento, como responde ás preguntas da veciñanza nas redes sociais, Alfredo López, un dos responsables. “Leva con nós só uns días, a recuperación destes animais sempre é lenta, e así debe ser, esto non pode ser un simple proceso de engorde, se non de recuperación, hai que ter en conta moitas cousas”.

En calquera caso, non é un caso illado. Na zona temos as visitas pertinentes de Doqui ou temos salvado leóns mariños como “Pabbar”. Esta semana, de feito, dende o CEMMA teñen constancia de que hai outros dous lobiños parando polo litoral da nosa provincia, pero que non precisan, polo de agora, asistencia.

Lembran, iso si as recomendacións no caso de velos:

  • NON ACHEGARSE para evitar molestalo e que teña que andar a alonxarse de nós, xa que só conseguiremos que gaste enerxías. Ademais hai que manter unha distancia prudente xa que poden mostrar unha resposta agresiva.
  • NON BLOQUEARLLE unha saída cara ao mar.
  • ATAR O CAN e evitar que se lle achegue ou lle ataque.
  • MANTER SILENCIO, xa que berros e barullo provocaranlle estado de alerta.
  • AVISAR canto antes ao 112 ou 686989008 e seguir as indicacións.

Avistamento histórico en Corme

Así mesmo, o CEMMA colaborou na publicación dun feito histórico, a primeira visita dun lobo mariño melánico a Galicia, que tivo lugar en Corme o pasado 2020. O artigo Primer registro de una foca gris (Halichoerus grypus) melánica en Galicia”, está publicado xa nunha revista científica.

Leon Marino Melanico avistado en Corme-Ceemma

Novas relacionadas

Comentarios