Martes. 17.09.2024
El tiempo

O Mosteiro de Ozon abre as súas máxicas portas medievais

O Mosteiro de Ozon abre as súas máxicas portas medievais
O Mosteiro de Ozon abre as suas portas medievais

As persoas que forman parte do proxecto de Aurora dos Camiños, habitantes do mosteiro do século XII e Casa Reitoral en San Martiño de Ozón, concello de Muxía, recibiron unha mensaxe enviada por uns seres aos que os sabios calificaban como metade anxos e metade demos.
Uns seres dos que se di que nos seus ritos controlaban o equilibrio da natureza, facendo que a marea non cubrise por enteiro a terra, nin secase o mar; evitando o nadar nos paxaros e que os peixes aprendesen a voar; guiando nas árbores as raíces para abaixo e as polas para arriba (isto o dixeron despois de telos visto apertados aos seus troncos coma se fosen os seus seres queridos) ou impedindo que a lúa mudase de rumbo en metade da noite. Dixeron que nos seus ritos loitaban entre eles para lembrarnos que a vida nunca é sinxela. E sen dúbida algunha foron estes últimos quen máis se achegaron á verdade. Mais nin tan sequera eles acertaron.

Festival Maxico Medieval no Mosteiro de San Martino de Ozon

Con motivo de ter recibido esa mensaxe, tan fabulosa e fantasiosa como esperanzadora e ilusionante, decidiron convocar para os días 20, 21 e 22 de xuño un festival máxico-medieval, no que se poderá desfrutar de numerosas actividades como por exemplo:

  • Taller de maquillaxe de seres máxicos, elfos, hobbits, dragóns, orcos e todo o que a vosa imaxinación queira.
  • Taller de fabricación de espadas de gomaespuma, para empregalas despois nos talleres de esgrima e nos torneos!
  • Taller de fabricación de obxectos de adorno en coiro, para mellorar, se é posible, os vosos traxes e disfraces.
  • Taller de talla en madeira por parte do noso restaurador e tallista en madeira particular...
  • Teatriño cheo de maxia, lendas...
  • Combates de esgrima medieval, prácticas de tiro con arco...
  • Cociña medieval, parrillada, tartas e postres caseiros.
  • Lume, moito lume.

Concurso de Traxes

A pedra angular de todo este tinglado será sen dúbida o Concurso de traxes da Alta Idade Media. Para participar no mesmo invítannos a visitar o seu perfil de facebook Aurora de los Caminos e visitar o seu álbum de fotos “Biblia de Ripoll y otros, siglo X-XI”, onde poderemos atopar os modelos a seguir para gañar este concurso. Os que mellor e con máis calidade recreen os modelos gañaran a posibilidade de pasar unha fin de semana no mosteiro de San Martiño de Ozón gratis (ainda que haberá premios para todos/as).

A mensaxe máxica

A continuación reprodúcese o que os habitantes de Aurora dos Camiños son capaces de lembrar da mensaxe recibida:

Non fai moito tempo, no vello mosteiro de San Martiño de Ozón volveron aparecer uns extranos seres... Non é que aos aldeáns e aldeás do vecindario lles extranase o asunto, pois todas elas gardaban na memoria a esencia, non os detalles, das historias que lles contaban os seus maiores en torno ao lume do fogar, ao longo dun tempo que non se medía con segundos. Era só cando caían fortes gotas do ceo, que se lembraban as palabras máxicas que xa resoaban no lugar moito antes da época na que os monxes benedictinos planeasen colocar as primeiras pedras dunha igrexa nas coordenadas 43º 5’ 4’’ Norte, 9º 9’ 58’’ Oeste; alá polo século XI.
Contábase que cada atardecer, á chamada de "Aroa plashzz.... naxub aurea... sonimac arorua" escoitábase un completo "AORA", e tras este, todos os habitantes dos lugares máis insospeitados, dixemos todos e todas, tanto terrestres como extraterrestres como intraterrestres, reuníanse fronte ao mar, un pouco antes dese instante no que o sol se ía descansar, para entoar diversos cantos e bailar vistosas danzas. E ao pouco de ocultarse o sol retirábanse tamén á intimidade dos seus sus leitos aqueles seres, pois sabían que a lúa prefería velar a noite en solitario, para non ser distraída nas súas oracións.

Estes seres de luz e cor non eran máis que o reflexo de todo o que as persoas eran por aquel entón, e do que son agora. Mais sobretodo, do que poderían chegar a ser: Deuses vivintes etéreos. Boas intencións levadas a fins proveitosos. Eran simplemente pura paixón pola vida feita realidade. E aquel baile en torno a unha fogueira era simplemente iso: Pura e auténtica vida. E proclamaban a vida cada noite. E invitaban a todas aquelas persoas que estaban dispostas a vivir.
E esa rutina de cánticos e xogos ao ocaso seguiu celebrándose así por séculos; longo tiempo que se fixo curto a uns poucos moitos que, ocultos tra-las rochas costeiras, como mexillóns, se achegaban a espiar aqueles ritos, para despois contar a escondidas e falar de aqueles seres máxicos que só os limpos de corazón podían ver e oír.

Nunca foron olvidados aqueles máxicos seres de luz. Non nos corazóns dos avós e avoas que contaban aquelas historias aos seus netos/as, en torno á calor da lareira. E tamén serviu ben para manter a tradición e a esperanza de que aqueles amigos nunca chegasen a deixarnos por completo. Sempre regresaron nas épocas tranquilas coa súa mensaxe de paz. Camufladas e escondidas ante as miradas indiscretas; como acróbatas de circo ou peregrinas, como inventoras chifladas e músicos de pianola; como exploradores perdidos.

Nos seus continuos viaxes a través do espazo-tiempo, estes seres están planeando un complot co que poder levar a término unha das súas máis enrevesadas travesuras: lanzar un castelo de fogos artificiais onde só exploten foguetes de alegría e petardos de diversión. Farán soar tracas de chistes, cancións e contos; e un serpentín de fume branco e lume verde limpará as dores de aflixidos, frieiras nos pés descalzos, corruptos pensamentos, e o aceite que caia nas roupas despois de comer.

Todos/as estades convidados/as a asistir a estes días de verbena. Buscade ben e atoparedes a invitación que, de seguro, xa recibíchedes. Ainda que ben é certo que estes travesos espíritus xogan ao escondite con todo. De modo que terás que buscar ben no fondo dos calcetíns que sempre quedan no fondo do último caixón, ou baixo a alfombra que está baixo a cama da habitación de abaixo, ou, por exemplo, dentro dunha das noces máis duras que quedan na cestiña dos froitos secos.

Eles no entenden de datas nin de horarios. Mais sábese de boa tinta que lles atraen sobremaneira as fins de semana máis próximas ao día máis longo de todo o ano. Volveremos entón atoparnos, e os nosos plans sairán redondos rodando coma un carro de rodas

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios