Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Parador de Muxía comezará a construirse en setembro

O Parador de Muxía comezará a construirse en setembro

Hoxe, mércores 15 de xuño de 2011, deuse un novo paso para que o Parador de Muxía sexa unha realidade. Se hai un mes dous Ministros visitaban a zona, e se aprobaba o orzamento de 25 millóns de euros, esta mañá o alcalde muxián Félix Porto vén de manter unha reunión co Ministerio e con Turespaña para ir pechando datas.

De feito, Porto aseguraba que "temos a luz verde para que sexa unha realidade en breve". Destacou que a primeira pedra poderá ser instaurada a primeira semana de setembro, "pero eu quero que sexa unha primeira pedra que coincida coas obras, non unha desas primeiras pedras para a foto", matizou Porto. Así, o Parador estará operativo antes de que remate esta recén estreada lexislatura, aló polo 2015.

Adaptando o proxecto a realidade

A reunión tratou varios aspectos técnicos. I é que o proxecto de Alfonso Penelas ten detalles moi interesantes que cómpre matizar. O aproveitamento enerxético "debe ser adaptado á realidade", segundo Porto, "pero esperemos que o propio Penela poida ter varias reunións con Turespaña para solucionalos no prazo dun mes".

Novas relacionadas

Fonte

  • Radio Nordés - Cadena Ser.

Comentarios