O PP de Muxía acusa ao alcalde de ter paralizado o Concello


O PP de Muxía iniciaba a pasada semana unha rolda de reunións cos veciños das parroquias para recoller as súas demandas e levalas a pleno. O grupo liderado por Manuel Fandiño achegábase este sábado ás 21:00h á escola de Nemiña para escoitar as demandas dos veciños desa parroquia, pois entenden que “son moitas” as demandas que o goberno local ten sen atender.
De feito, os populares acusan ao alcalde, Félix Porto, de ter “abandonados á súa sorte” aos veciños das parroquías de Muxía, e de ter “paralizado” o concello.
O grupo municipal do PP seguirá percorrendo as parroquias, recollendo as demandas veciñais para, máis adiante, trasladalas ao pleno. “Creemos que a proximidade é a mellor política que podemos levar a cabo para axudar aos nosos cidadáns”, asegura Fandiño.
Neste sentido,Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).