luns. 12.05.2025
El tiempo

O PP muxián acusa ao alcalde de impedir ver o PXOM e invita aos seus a unha comida

O PP muxián acusa ao alcalde de impedir ver o PXOM e invita aos seus a unha comida
Manuel Fandino e o novo voceiro do PP de Muxia

Muxía aprobaba o PXOM a final de ano, pero os ecos aínda resoan, i é que para o novo candidato do PP na vila da Barca, Manuel Fandiño, a aprobación foi unha clara mostra da “falta de transparencia” por parte do alcalde nun asunto de “vital importancia” para o futuro urbanístico de Muxía.

Fandiño acusa hoxe ao goberno local de “impedir que os veciños consulten no Plan Xeral de Ordenación Municipal a situación final na que se atopan as súas propiedades trala aprobación do novo documento cos únicos votos a favor do partido socialista”. En concreto, o candidato popular denunciou que “o alcalde, Félix Porto, nega aos veciños o seu dereito a coñecer un plan que afecta ás súas propiedades e que marcará o futuro urbanístico do municipio”.

”Sabemos que hai persoas que se atoparon cun non por parte do alcalde”, indicou Fandiño.

De comilona

De paso, o PP muxián invita aos seus militantes e simpatizantes ao I Comido Popular que terá lugar o próximo 14 de marzo no restaurante O Pinar en Os Muíños.

Pero iso si, a entrada será de 20 euros por persoa, non de balde como antano.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP.

Comentarios