Venres. 29.03.2024
El tiempo

O turismo de calidade fai que Muxía colgue o cartel de completo

O turismo de calidade fai que Muxía colgue o cartel de completo
Praia do Lago de Muxia chea-Foto-Barca A Praia do Lago de Muxia está chea estes días-Foto-Barca

Parece que non vén tan mal este verán pola volta. E máis se o din os propios hostaleiros, aos que acostumamos escoitar a meirande parte das veces chorando polos malos datos. Desta volta, os establecementos que integran a Asociación Muxía Turismo Rural (Casa de Lema, Casa de Trillo, Casa Fontequeiroso e Hotel-Restaurante Praia de Lago) rexistran este mes un moi alto nivel de ocupación, mesmo colgando nalgún caso o cartel de “completo”. A imaxe da Praia do Lago dá conta de como está o verán muxián.

Estranxeiro, peregrino e de calidade

Son 3 os perfís máis habituais das casas muxiás, que botan por terra os rumores sobre se o peregrino deixa ou non cartos na zona.

Durante os meses de xuño e xullo, os clientes foron, nun moi alta porcentaxe, estranxeiros. A procedencia, moi diversa, aínda que os ingleses son quizais os de maior peso específico. Pero polas casas muxianas pasaron moitos norteamericanos, alemáns, italianos, holandeses, daneses, mexicanos, suizos, entre outras nacionalidades.

Unha parte dos clientes son peregrinos que deciden percorrer a prolongación do Camiño a Fisterra e Muxía. Outros, veñen buscando, exclusivamente, o destino Costa da Morte, e moitos outros son visitantes que se deciden a gozar da ruta O Camiño dúas Faros.

Xa no mes de agosto, o cliente que aposta polo turismo rural muxián é principalmente nacional. Os viaxeiros chegan neste caso mayoritariamente das comunidades de Madrid e Castilla e León, aínda que se está notando un incremento dos valencianos, aragoneses, entre outras autonomías.

O cliente busca aquí, sobre todo, a non masificación, desconexión, paisaxes, praias salvaxes, patrimonio natural e arquitectónico, e gastronomía. Pero sobre todo, busca calidade no servizo, a autenticidade e os produtos locais, de proximidade, e aí a Costa da Morte ten que tomar nota do que están facendo en Muxía.

Fonte

Comentarios