Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Obras e Contos en Muxía

Muxía O Carballo con botas
O Carballo con botas estivo en Muxía
Obras e Contos en Muxía

O pasado venres remataba o ciclo de actividades do Setembro Infantil de Muxía. E facíao coa visita de Anxo Moure e o seu “Carballo con Botas”, que contou o conto da 'A pequena fábrica de corazóns de papel reciclado'.

Mentres se espera o novo programa para outono, o Concello dá comezo ao seu “plan de mellora integral dos espazos públicos“, aprobado en maio por valor de 2,5 millóns de euros.
Así, xa están en fase de preparación, para dar comezo de forma inminente, as obras das beirarrúas nos Muíños e Quintáns, o Centro Sociocultural de Muxía ou o Centro Social dos Muíños.
As obras mellorarán as conexións tanto inter parroquiais como do casco urbano co rural.

O alcalde, Iago Toba, e o concelleiro de Obras, Javier Romar, estiveron supervisando esta mañá algúns dos espazos
O alcalde, Iago Toba, e o concelleiro de Obras, Javier Romar, estiveron supervisando esta mañá algúns dos espazos nos que se intervirá

Novas relacionadas

Comentarios