mércores. 04.12.2024
El tiempo

Os bombeiros critican a falta de recursos pero louban a labor de Protección Civil no incendio da Barca

Os bombeiros critican a falta de recursos pero louban a labor de Protección Civil no incendio da Barca
Estado do Santuario da Virxe da Barca tralo incendio-Foto-Rafael Quintans

Moito se está a falar do incendio do Santuario da Virxe da Barca, e non só para lamentarse da perda, como podemos ler das conclusións de Manuel Vilar e Xosé María Lema Suárez. Pero o que nos ocupa hoxe son os estranos intereses dalgún medio están a poñer en boca dos bombeiros críticas ao traballo de Protección Civil de Muxía, cando o colectivo de Bombeiros da Costa da Morte o único que pretende é resaltar a labor e adicación deste colectivo. "Traballamos cóbado con cóbado con Protección Civil", quixo clarexarnos Jesús Pazos en boca dos bombeiros da zona.

Recortes e recortes

Se ben recoñecen que ao comezo do incendio a porta aberta do santuario provocaba un efecto soplete non recomendable para a extinción (exercía un efecto tiro que osixenaba a combustión), os bombeiros queren destacar o traballo de Protección Civil, presente no lugar dende o primeiro momento. O que si teñen claro é que "non se pode traballar con tantos recortes. Eramos 6 bombeiros e só tiñamos 4 talkies para comunicarnos polo que a coordinación era moi difícil", cando "noutras empresas, como por exemplo VEICAR, dótase dun equipo de radio persoal e intrasferible (e duas lanternas) a todos e cada un dos bombeiros a finde evitar estes incidentes".

Critica así a política de recortes da empresa adxudicataria que precisamente os levaba a protagonizar unha folga a pasada semana. "Denunciamos a precariedade coa que a empresa Nanutecnia nos pon a traballar, desta volta con só 4 linternas e 4 talkies para 6 perdoas, e por exemplo cun vehículo moi preparado parado por estar sen amañar dende hai tempo". De feito, este vehículo, que sería o principal para un traballo coma este, non puido ser trasladado ao lugar por estar éste sen bomba e sen auga debido a unha avaría de longa duración.

Ademais, aseguran que tralo accidente do Alvia en Agrois, "non nos deixan ter información directa do 112, polo que somos os últimos en enteirarnos dos sucesos". "Chamamos ao 112 e pásannos co xefe de sala e nos di que non nos pode dar esa información", explícanos Pazos ante a nosa estupefacción. Finalmente lograron información a través do xefe de parque que se desprazara ata o lugar para ver como se desenrolaban as tarefas de extinción.

Resultado catrastrófico

"As tarefas de extinción remataron cun resultado final catastrófico". Así califica o colectivo de bombeiros a expedición. I é que "os bombeiros xestionados pola empresa NATUTECNIA, denuncian que durante a intervención vivíase un grande caos".

E contan así varios sucesos: "Se xa é imposible contactar cos compañeiros dun mesmo equipo (bombeiros do mesmo parque), máis difícil é facelo con outros colectivos. Bombeiros de Cee queixanse disto e das consecuencias que pode supoñer. "Estaba a traballar nun primeiro andar, con moitísima carga térmica, por riba da sacristía e de repente empezáronme a rociar con auga compañeiros doutra agrupación. Abrasáronme!", queixábase un dos profesionais de Cee. Isto débese a que ao mollar os traxes de extinción, cando se traballa por enriba dos 100ºC, prodúcese unha evaporación interna da auga caída sobre a roupa, producindo queimaduras ao bombeiro. O curioso é que ese bombeiro, no caso de non acudir a súa nova xornada de traballo, por mor dunha baixa médica, perderá un 25% do seu salario ao tratarse dun accidente laboral, polo que moitos acuden igualmente a pesar das feridas".

E por iso reiteran as súas queixas: "Falamos de equipación que se emprega para salvar vidas. Nós non somos mecánicos. A mecánica destes equipos debe estar revisada e mantida por profesionais na materia, que lle dean unha garantía as reparacións realizadas. Unha cousa é cambiar unha lámpara, outra ben distinta meter as máns a unha ferramenta de extinción ou rescate". "Esta política de avaratamento de costes vai a sair cara algún día".

Novas relacionadas

Novas do incendio do Santuario da Barca

Fonte

Comentarios