![Cartel da Romaria Virxe da Barca 1960]()
Cartel da Romaria Virxe da Barca
Os carteis das festas da Costa da Morte é un deses patrimonios materiais pouco recoñecidos. Esas estampas cas virxes e incursións baratas do photoshop quedarán para a historia.
Muxía quere recuperar cunha exposición parte da súa historia. Unha mostra de carteis da Romaría da Barca dende o ano 1933 ata o día de hoxe. Carteis doados pola familia de Ramón Pérez Cuíñas, que tivo a ben gardalos todos estes anos, e os seus herdeiros donaron ao Concello para disfrute de toda a veciñanza.
A inauguración será o vindeiro luns, 20 de agosto, ás 12,30 horas no Edificio de Servizos Múltiples da Camposa.
É unha boa panorámica de como evolucionou a festa, e ver as orquestras e grupos que pasaron por ela ao longo dos anos.