Luns. 09.09.2024
El tiempo

Os trasnos teñen cita o domingo na 7ª etapa do Camiño dos Faros

Os trasnos teñen cita o domingo na 7ª etapa do Camiño dos Faros
A Asociación O Camiño dos Faros xa ten todo preparado para a sétima etapa do Camiño dos Faros que, por certo, xa vai xa pola quinta edición. Nesta ocasión a ruta discorre entre Muxía e Nemiña. Como sempre, o obxectivo é un: conseguir que o Camiño dos Faros sexa recoñecido como ruta de Gran Recorrido GR. E para iso é preciso xuntar o maior número de xente posible. 7ª ETAPA MUXIA-NEMIÑA (DOMINGO 14 DE XUÑO) 9:00: Quedada no bar Saburil de Nemiña 9:15: Transporte dende Nemiña a Muxía con Autocares Pedro Pombo (prezo: 3 euros) 10:00: Saía de Muxía 19:40: Chegada a Nemiña, onde cada un terá o seu propio coche As paradas previstas para o avituallamento son: monte Pedrouzo, Moreira e Faro Touriñán. Cada un terá que levar o seu propio bocata e agua. ¡Ollo! Porque neste percorrido as fontes son escasas. Esta sétima etapa ten un percorrido total de 24,4 km; sendo os kilómetros do 3 ao 13 os máis duros xa que é un continuo subir e baixar. Por este motivo, a organización programou un ritmo máis lento para que os camiñantes poidan desfrutan da paisaxe. A quedada final será no bar Saburil (en Nemiña) onde os participantes intercambiarán opinións sobre o camiño. Para participar nesta edición é preciso cubrir online o seguinte plego (http://www.caminodosfaros.com/pliego-de-descargo/), independentemente de ser socio ou non. Xornalistas holandesas A capacidade de convocatoria desta cita xa é ben coñecida por todos os habitantes da Costa da Morte e de fóra dela. A chamada chega incluso ata Holanda. Alí edítase Op Pad, unha importante revista de sendeirismo que publicou unha reseña sobre O Camiño dos Faros. Esta nova tivo tal acollida entre os lectores que a cabeceira mandou dúas xornalistas para que fixeran a ruta e logo falasen dela.

Comentarios