Os veciños de Brandomil remataron o seu Camiño
07:20 19/09/16
Completada esta primeira fase do proxecto de recuperación histórica da asociación Grandimirum. en colaboración co Concello de Zas. Un proxecto que une aos veciños de A Pereira, San Cosme de Antes, Baiñas e Berdoias, cuxo fin é o recoñecemento do Camiño que pasaba por estas aldeas finaliza o seu traxecto.
A primeira iniciativa foi percorrer eses case 100 km (en 4 etapas) por rutas alternativas do Camiño entre Santiago e Muxía, evitando a carretera xeral na súa gran maioría, descubrindo camiños que estaban intransitables dende fai moito tempo. Nesta última etapa, foron 23 os veciños-peregrinos que saíron dende Berdoias para finalizar a etapa diante da Capela da Virxen da Barca en Muxía.
Pasos a seguir
Unha vez finalizado este primeiro recoñecemento do Camiño, os seguintes pasos que se darán para continuar con este proxecto serán os seguintes: • Identificación do trazado óptimo: unha vez feito o recoñecemento dos camiños funcionais, farase a marcación definitiva dos mesmos, para que todos aqueles peregrinos que queiran facer esta ruta alternativa a poidan facer sen ningún tipo de dificultade. • Recollida de documentación histórica para facer a petición de recoñecemento administrativo. • Promoción desta nova ruta alternativa do Camiño Santiago-Muxía.Novas relacionadas
- O Camiño Santiago a Muxía por Brandomil estírase.
- A ponte de Brandomil recupera a súa historia peregrina.
- Proxectada a ampliación da Ponte Olveira para mellorar a seguridade dos peregrinos.
- A Asociación Grandimirum propón unha ruta xalleira alternativa do Camiño.
Fonte
- Asociación Grandimirum.