Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
Non para a asociación Mar de Fábula. Despois de ter levado adiante a limpeza dos coídos do Trece no pasado mes de xaneiro, volvía este sábado a baixar as rochas, para realizar unha limpeza medioambietal para a recollida de lixo que ata onte asolaga a fermosa enseada do Coído de Touriñán.
I é que a fermosa península que forma o Cabo Touriñán tiña unha ferida no seu costado, unha ferida aberta hai un ano por unha vaga xigantesca do lixo plástico que nos devolvéu a mar, unha mar cansada de aturar tanto noxo no seu seo. “Hoxe, a ferida foi curada”, .
Foron 2 horas e 45 minutos de traballo, na que os 7 bravos voluntarios que se achegaron conseguiron recuperar 52 sacos grandes de lixo, xunto con un notable volume a granel de caixas, bidóns, anacos redes, cabos, bolas chapapote, etc…
O Concello colaboraba cun vehículo con remolque para facer dúas viaxes para levamos ao punto limpo. “Foi un traballo forte e realizado de maneira intensa. Ao final conseguimos o obxectivo: O coído quedou limpo”, recoñecen os organizadores, que tamén lamentan que fosen un grupo tan reducido de voluntarios.
Ao remate, “a paisaxe xa era outra. As ondas rompían na boleira de maneira máis acougada. O sol resplandecía na mar cunha luminosidade intensa e a toxeira incluso lucía espléndida. Sentíase no aire coma un sentimento de alivio e reconciliación, de reconciliación entre a natureza e máis nós”.
Parabéns ás xentes de Mar de Fábula!
Novas relacionadas
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).