Outro pescador tivo que ser rescatado dunha zona rochosa da Punta da Buitra
09:26 07/08/19
Repetiuse unha vez máis. Bombeiros de Cee, Protección Civil de Muxía, Policía Local, Garda Civil e 061 tiveron que mobilizarse para rescatar un pescador que sufría unha caída e non podía saír dunha zona rochosa, cun gran desnivel, na Punta da Buitra, en Muxía.
Acontecía pasadas as 17:00h de onte, e home sufría unha forte dor nas costas. Os efectivos de seguridade puideron estabilizalo, sublilo en padiola monte arriba, ata a zona onde se atopaban os vehículos, para ser evacuado polos servizos sanitarios ao Hospital Virxe da Xunqueira para a súa valoración e/ou tratamento.
Novas relacionadas
- 31-07-19: Rescatado un home nunha furna de Muxía.
- Xuño 19: Prot. Civil, Policía Local e tres pescadores salvan a vida doutro que caera ao mar en Muxía.
- Maio 19: Un percebeiro tivo que ser rescatado en Muxía tras mancarse nun pé.