Luns. 29.04.2024
El tiempo

Outro pleno tenso en Muxía

Pleno de Muxia novembro 2023
Outro pleno tenso en Muxía

O pasado día 16 tivo lugar un novo pleno no Concello de Muxía. E se ben non chegou a ser tan polémico como outros, “segue a constante da súa prepotencia e as burlas e comentarios sarcásticos cara os membros da oposición” por parte do rexedor Iago Toba. Así o entenden dende o grupo IxMuxía, e tamén dende o BNG que critican as “actitudes inaceptables” do rexedor, como cando lle pediu a unha edil da oposición que “deixara de facer o tonto”. Chegou a dicirlle a alguha concelleira que “se ía ter que comer as súa palabras e lle ían saber a ghómito de levar 4 días comendo verdura”…

Foron 3 horas de pleno, con varios puntos aprobados e outros rexeitados, nesta complicada lexislatura de goberno en minoría. De feito, foron aprobadas as mocións do BNG (incluír nos orzamentos para 2024 un plan de limpeza de vías, cunetas e rúas; a inclusión no POS do arranxo das que dan acceso a lugares de traballo dos percebeiros, de pescadores e mesmo taxis que recollen aos camiñantes da Ruta dos Faros; o arranxo das vías colaterais da estrada do crce de Castelo a Senande, que dan acceso aos núcleos de Tralapedra, A Raposa, Castelo, Peropombo, Agranzón e Agrodosío; que se licite dunha vez o Servizo de Axuda no Fogar; e que se impulse a Mancomunidade de Fisterra)

Tamén saíron aprobadas mocións do PP (a inclusión no POS de mellora das vías interiores de Merexo; a senda peonil de Castro a Loalo e a mellora das instalacións do campo de fútbol).

Saiu adiante, co voto en contra do grupo de goberno, unha moción para que a convocatoria de plenos extraordinarios se faga, excepto por motivos de urxencia, nos mesmos horarios que os plenos ordinarios e que se evite convocalos ás 8.30 da mañá.

A que non saíu, por cuarta vez, foi a moción das dedicacións exclusivas dos dous tenentes de alcalde. Unha moción que segundo o rexedor, “non se negocia porque é a moción da dignididade”, pero que foi rexeitada polos grupos da oposición. ”Eu creo que a dignidade do cargo de alcalde non se compaxina con todo este tipo de manifestacións”, criticaba a edil do BNG Mercé Barrientos, en relación a todas as faltas de respecto que tivo durante o pleno.

Instalacións portuarias abandonadas

Banos destrozados no porto de Muxia

O BNG denuncia ademais que as instalacións portuarias están en estado deplorable, como son o”s aseos públicos, que levan anos vandalizados, inservibles e dando unha imaxe deplorable no centro do pobo, sen que por agora se puxera ningunha solución a esta situación. O estado de beirarrúas e xardineiras tamén deixa patente o abandono e a falta dun mínimo mantemento por parte do titular destes espazos e o aparcamento precisa ser repintado”. Os propios mariñeiros teñen clara a situacións: “Se Portos nos cobra por descargar, terá que dispor baños para as nosas descargas, ou tamén as teremos que recoller en bolsiñas como os cans?”

Comentarios