martes. 13.05.2025
El tiempo

Poesía, música, pintura e fotografía únense en Muxía

Poesía, música, pintura e fotografía únense en Muxía

Doble proposta cultural para as vindeiras datas no concello muxián, recuperando o alento artístico da vila da Barca. A poesía será protagonista nunha cita chamada Tempo Escuro, pero ademais, a pintura será a outra compañeira de reparto, acompañados por un pouco de música e fotografía.

Recital poético “Tempo Escuro”

“Tempo escuro” é o nome do espectáculo poético que representarán este venres 25 de outubro no Edificio de Servizos Múltiples do Concello de Muxía, 4 poetas da zona. O cormelán Paco Souto, a muxiá-carballesa Rosalía Fernández Rial, acompañados ca música de Serxio Moreira e o alemán afincado en Muxía, Peter Scheider.

Tempo Escuro é un espectáculo que ten como punto de partida as fotografías de Peter Schneider e a súa reflexión sobre a materia, as texturas e a dualidade figurativo/abstracto: un xogo de sombras. As voces de Rosalía Fernández Rial e Paco Souto teñen un papel preponderante con riqueza de matices que van dende o máis íntimo dos poemas ditos na orella do espectador ao ruído case incomunicativo de varios textos berrados á vez. E todo envolto nunha música de Serxio Moreira recurrente e obsesiva que integra o conxunto e acolle ao espectador no seu seo.

De pintura Sumi-e

Encontro Sumi-E Costa da Morte

A Costa da Morte acolle o II Encontro de pintura Sumi-e. A presencia de Li Chi-Pang e YanoYoro, fan de Muxía o lugar Zen de toda Galicia. E todos os amantes desta pintura xaponesa xuntaranse o vindeiro 7 de novembro ás 20:30h no Edifico de Servizos Múltiples muxián. De seguido, os días 8 e 9, haberá un curso intensivo sobre pintura chinesa e sumi-e na Biblioteca muxiá.

Aquí vos deixamos coas pinturas do mesmo YanoYoro:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios