Polémica por un muro erguido na contorna da Ferida
As obras que se están realizando arredor da Ferida erstán causando unha gran sorpresa entre a veciñanza muxiá. Sobre todo un muro, de pedra pola cara da costa e de cemento pola cara do interior, que esconde unha parte das fermosas vistas que ofrece o mirador sobre o santuario da Barca e a costa do Cachelmo e da Buítra.
Á espera de ver como queda ao remate das obras, segundo informan fontes municipais o muro “forma parte do sistema de sinalización de todo o entorno” onde posiblemente se instalarán uns códigos informativos sobre as Pedras da Barca, e a contorna. “En vez de poñer paneis estilo muro, faise muro para seguir a estética do entorno nas zonas que se ven”, explican asegurando que “unha vez que acabe, estará todo mimetizado co entorno” e que “toda a obra está sendo revisado por Patrimonio e Medio Ambiente”.
Haberá que esperar a ver o resultado.