Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Polémica en Muxía pola negativa de Portos a permitir o “pequeno parque de atraccións” no peirao

Feirantes no porto de Muxia
Os feirantes chegaron, pero tiveron que marchar do porto muxián
Polémica en Muxía pola negativa de Portos a permitir o “pequeno parque de atraccións” no peirao

Día axetreado no Porto de Muxía. Comezaban a chegar pola mañá uns cantos camións de feirantes que tiñan pensado instalar as súas atraccións no medio do peirao, no marco do MuxiUp!, unha iniciativa municipal para desexarlle un bo verán a toda a cativada do Concello coa instalación dun “pequeno parque de atracción” para disfrute durante os días 23, 24, 25, 26 e 27 de xuño. Unha ubicación que xa ía traer complicacións co aparcamento.

Pero dende o Concello esqueceron pedir os permisos con antelación (apenas foi enviada esta semana), e Portos sempre esixe que as iniciativas que invaden as zonas portarias se soliciten con ata 2 meses de previsión. Por iso, pouco despois de comezar a chegada de camións, facíao un representante de Portos, que lles indicaba que non podían instalar aí as atraccións e as carpas por non ter presentado a documentación a tempo.

Os feirantes redixiríronse ao Concello, que artellou a posibilidade de instalar todo na zona do Coido e do Voluntariado. Aí con permiso municipal, e avisando a outras administracións menos esixentes poderá ter lugar esta pequena verbena infantil.

Pequeno parque de atraccions en Muxia

Comentarios