Mércores. 16.10.2024
El tiempo

PP e BNG cargan contra o “desprezo pola democracia e a legalidade” do alcalde muxián

Iago Toba alcalde muxian
PP e BNG cargan contra o “desprezo pola democracia e a legalidade” do alcalde muxián

Tralas duras críticas do BNG, hoxe, tralo pleno celebrado esta semana, volve ser Carlos Concheiro, pero tamén Sandra Vilela os que alzan a voz contra a política desenvolta polo alcalde Iago Toba.

A voceira do PP critica que o alcalde esconda “a súa pésima xestión económica detrás da subida do prezo da luz e da auga”. E lanza duras críticas contra o rexedor: “O que sucede en Muxía é unha auténtica barbaridade. Temos a un alcalde que nin goberna, nin xestiona e, o que é peor, as consecuencias de todo iso afectan os recursos da xente do concello que queda sen outros servizos que son máis que necesarios”, lamentou Vilela.
A popular, como tamén fixo Concheiro, fixo fincapé tamén nos requirimentos que a Xunta de Galicia enviou ao Concello de Muxía por incumprimento do período de pago a provedores e que poden deixar ao municipio sen subvencións autonómicas e sen partidas dos Orzamentos Xerais do Estado.

”A xestión municipal en Muxía: incumprimento de compromisos e desprezo pola democracia e a legalidade”

Vai máis alá o voceiro do BNG tralo pleno desta semana, onde se decidían o destino de máis de 400.000 euros do POS Adicional da Deputación. Outro pleno convocado in extremis (foi o martes e o prazo máximo para enviar o Plan aprobado era o mércores), para non deixar marxe á oposición e culpabilizala sen non saíse adiante. Outro pleno convocado sen a preceptiva Comisión Informativa”, “impedindo novamente, que a oposición exercera con normalidade democrática o seu deber de fiscalización da xestión municipal”, lamenta Concheiro.
”O alcalde incumpriu o compromiso adquirido coa corporación de incluír neste plan adicional varias obras negociadas entre todos os grupos políticos, e prometidas daquela por el”, lembra.

Finalmente o POS saíu aprobado gracias á abstención dunha oposición que fixo de tripas corazón, pero que lamenta que o plan “destine 8 de cada 10 euros (máis de 330.000) a pagar facturas pendentes, algo que para o BNG “resulta incomprensible despois de ter aprobado recentemente o orzamento municipal e de pedir posteriormente unha modificación de crédito de máis 1.700.000 euros para gastar cartos aforrados noutros exercicios”.

A única obra que sae no POS será a nova depuradora de Quintáns, que fora solicitada en repetidas ocasións pola oposición, polo feito tan grave de estar vertendo dende hai tempo augas residuais sen tratar ao río que desemboca na Praia do Lago.

Novas relacionadas

Comentarios