Venres. 07.05.2021
El tiempo

O PP critica a falta de diálogo do Goberno Local sobre os proxectos do POS

Goberno Local de Muxia
Membros do Goberno Local de Muxia
O PP critica a falta de diálogo do Goberno Local sobre os proxectos do POS

“O comportamento do señor Toba é o comportamento dun auténtico ditador, pero un ditador ao que hai que lembrarlle que goberna en minoría e que necesita dos votos do resto de partidos para poder sacar adiante as súas propostas”. Así de taxante se amosa a voceira do PP de Muxía, Sandra Vilela, ante a situación política no Concello.

O PP censura que o rexedor non consulte coa oposición os proxectos do POS. “No canto de debater e ver cales son as mellores opcións para os veciños, cerra a porta, presenta un documento cerrado e pretende que llo aprobemos sen máis”, dixo Vilela. En calquera caso, a voceira asegura que “lle tende a man para negociar de maneira conxunta”.

A propia Vilela lembra os paralelismos da situación co circo político de Ponteceso, onde parece que quedaron sen POS pola falta de consenso, aínda que pode haber prórroga.

comentarios