Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP denuncia os problemas de abastecemento en parroquias de Muxía

Viseo-Muxia
Lugar de Viseo
O PP denuncia os problemas de abastecemento en parroquias de Muxía
Os problemas de abastecemento son cada vez máis frecuentes na nosa comarca. E a falta de previsión dos Concellos para mellorar a rede e ampliar as captacións agudiza a problemática.

Esta pasada semana, por exemplo, os veciños de Viseo, en Muxía, volvían a estar sin agua, unha problemática que eles mesmos denunciaron fai escasos días.

Unha situación repítese en distintos puntos do concello. Por exemplo, na Praia de Nemiña, esta mesma semana estiveron sen auga durante máis de un día, algo que vén pasando ó longo de varios meses en outros lugares como Bardullas ou Cibrán.

De aí que o grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, denuncie unha situación que considera “froito da improvisación e falta de interés por parte do executivo local”. “Non entendemos que esta situación poidase dar salvo pola falta de interés e traballo por parte do goberno local xa que, recordamos, no último pleno, votamos a favor de dunha partida para a compra de agua con cargo ao remantente de tesousería deste concello, e tamén se reflexaba nos presupostos para este ano 2022 unha partida destinada a ese fin. Polo tanto, esto non debería estar pasando salvo pola falta de xestión desta problemática”, recorda a portavoz municipal que ademáis lamenta que “o alcalde nin sequera nos responde ás chamadas cando recibimos aviso dos veciños e tentamos poñelo ao corrente da situación”.

Lembra ademais a afectación aos negocios turísticos. “É inadmisible que no ano 2022 nin siquera lle deamos auga ós veciños, é un servicio básico que o concello ten a obriga de suministrar”, remata a portavoz.

Comentarios