luns. 09.06.2025
El tiempo

Mar de Fábula tamén recibe o recoñecemento do PP autonómico

Roberto Rodríguez e Paula Mouzo cos representantes de Mar de Fábula 03
Roberto Rodríguez e Paula Mouzo cos representantes de Mar de Fábula
Mar de Fábula tamén recibe o recoñecemento do PP autonómico

Segue a Asociación Mar de Fábula recibindo o recoñecemento público dos nosos gobernantes. Desta volta, foron ps deputados do Grupo Popular Roberto Rodríguez e Paula Mouzo os que visitaron, coincidindo coa celebración no día de hoxe do Día Mundial dos Océanos, a o local da entidade en Camelle, para resaltar a labor desta entidade sen ánimo de lucro que se dedica a limpar o mar retirando todo o lixo mariño que arrastra ata as praias e portos.

Con case 1.500 quilómetros de costa, Galicia é a comunidade autónoma máis bañada polo mar de toda España e, por este motivo, os deputados populares salientaron o traballo que realizan asociacións como Mar de Fábula non só para a limpeza da costa, senón tamén de concienciación da cidadanía para asumir unha postura activa na conservación da mar e do medioambiente mariño.

XESTIÓN CONXUNTA DO NOSO LITORAL

Neste sentido, Roberto Rodríguez e Paula Mouzo lembraron que a Xunta asumirá o vindeiro 1 de xullo a xestión do seu litoral “con ilusión e responsabilidade, consciente de que será un fito histórico á altura da importancia que ten para Galicia a súa costa, a mais importante de España e de Europa no que ao complexo mar-industria se refire e todo un referente internacional do turismo, paisaxe e patrimonio natural e cultural”.

“Conscientes de que a xestión do noso litoral é unha responsabilidade tanto da administración autonómica como local, a Xunta xa anunciou esta semana a convocatoria dunha xuntanza con todos os concellos costeiros galegos para dar forma ao Pacto Galego polo Litoral,  que será o marco de referencia para deseñar as políticas que garantan un litoral vivo, produtivo e sostible é un exemplo de gobernanza”, manifestaron. 

Comentarios