Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Presentación en Muxia dunha unidade didáctica

Presentación en Muxia dunha unidade didáctica
O próximo venres, 6 de setembro, ás 21 horas, terá lugar na Biblioteca Municipal de Muxía a presentación da Unidade didáctica"Gonzalo López Abente, Poeta do mar" o cal o seu autor é Xan Fernández Carrera, a unidade estará  publicada pola Fundación Gonzalo López Abente xunto coa Deputación da Coruña.
Na presentación estarán presentes, ademais do autor da unidade, o Presidente da Fundación, Félix Porto , e os directores dos Centros Educativos de Os Muíños e Vilarmide, Aurelia Picallo e Eduardo Noia.
Unha nova publicación da Fundación Gonzalo López Abente que quere achegar o coñecemento de López Abente aos rapaces/as e facer que sexa unha ferramenta didáctica para os mestres, na cal o  autor esté presente nas aulas. Será un acto aberto o público en xeral que queira asistir.

Comentarios