Martes. 30.11.2021
El tiempo

Propoñen a medalla ao mérito a Protección Civil e a Policía Local de Muxía

Alumeado Nadal Muxía 1
Os corpos de seguridade muxiáns foron protagonistas do acendido de Nadal
Propoñen a medalla ao mérito a Protección Civil e a Policía Local de Muxía

Despois da homenaxe realizada no acendido do alumeado de Nadal, o goberno local quere dar un paso máis no agaradecemento cos corpos de Protección Civil e a Policía Local e proporá a medalla ao mérito a modificando o actual regulamento de honores, que non contempla actualmente esta opción.

Polo tanto, iniciaranse os trámites para a creación “dun distintivo para a súa concesión a determinadas persoas ou entidades que realicen actuacións ou intervencións de interés para Muxía non contempladas ata o momento neste regulamento”, sinala o alcalde, Iago Toba, quen engade que “moitas veces só con palabras non é suficiente e desde o meu equipo cremos que é un distintivo sobradamente merecido para elas e eles”, engade.

Lembra que tanto Policía Local como Protección Civil desenvolveron tarefas “indispensables” para a seguridade da veciñanza durante o estado de alarma, e que “permitiron frear a expansión do virus”, ademais de supoñer un indispensable “apoio para moitas persoas nun contexto tremendamente complicado”, inciden desde o goberno local.

comentarios