Martes. 15.10.2024
El tiempo

RESCATE EN MUXÍA

Prot. Civil, Policía Local e tres pescadores salvan a vida doutro que caera ao mar en Muxía

IMG-20190602-WA0017
Imaxe do rescate-Foto: Prot. Civil
Prot. Civil, Policía Local e tres pescadores salvan a vida doutro que caera ao mar en Muxía

Volveu pasar, como pasara o 1 de maio. Un pescador afeccionado, natural de Santa Comba, tivo que ser rescatado este mediodía na zona do Cercado, na Punta da Buitra. Caía arredor das 15.00 arrastrado por un golpe de mar e conseguía agarrarse a unhas pedras nunha zona de cantil onde aínda sufría as batidas das ondas.

Afortunadamente dous amigos pescadores (de Cee e Muxía) apareceron na zona pouco despois, viron o seu coche e se achegaron ao lugar. Viron a situación e ademais de avisar ao 112 lanzáronlle un cable para amarralo.

IMG_20190602_174130

De contado chegaron a Policía Local e Protección Civil de Muxía, que coa axuda dunha corda que trouxera un novo compañeiro avisado polos pescadores "salvadores", conseguiron sacalo con vida.

Paralelamente o Hélimer de Salvamento Marítimo sobrevoaba xa a zona por se o rescate por terra non remataba con éxito, pero por fortuna, e gracias aos membros de Prot. Civil, da Policía Local e aos seus propios amigos, foi salvado con vida, con algún que outro golpe e rascazo producido polas batidas do mar.

Na operación participaron tamén Garda Civil e o 061, que atendeu ao rescatado no lugar. 

IMG-20190602-WA0015
Novas relacionadas

Comentarios