Luns. 29.04.2024
El tiempo

Prot. Civil e a Policía Local salvan dúas vidas, un maior e un neno, que sufriran sendas paradas respiratorias

Helicoptero medicalizado en Muxia
Helicóptero medicalizado en Muxía onte
Prot. Civil e a Policía Local salvan dúas vidas, un maior e un neno, que sufriran sendas paradas respiratorias

Tarde axitada a de onte para os efectivos de emerxencias de Muxía. Eran ás 18:00h cando unha persoa sufría unha parada cardiorrespiratoria na Praia de Os Muiños. Ata o punto desprazábanse efectivos (3 Voluntarios de Protección Civil e o Policía Local fóra de servizo), que unha vez no lugar conectaron o Desfibrilador Semiautomático ao paciente de algo mais de 60 anos, continuando cas manobras de RCP iniciadas por un bombeiro fóra de servizo, unha enfermeira e varios usuarios da praia, sendo necesario realizar varias descargas.
Cando chegou a ambulancia e o Helicóptero do 061, fixéronse cargo do paciente, e unha vez estabilizado foi trasladado no helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para a súa avaliación.

Pouco despois deste gran susto, sen tempo a repoñerse, os voluntarios e o Policía Local fóra de servizo tiñan que desprazarse á Praia do Lago por outra parada cardiorrespiratoria, desta volta, un menor duns 5 anos que estaba en brazos da súa nai con síntomas de hipotermia.
Préstanselle os primeiros auxilios necesarios, ata chegada dos efectivos sanitarios, non sendo necesario utilizar Desfibrilador Semiautomático, dado que o menor xa recobrara a conciencia.

O menor estivo por un periodo corto, boca abaixo na auga, sendo a nai a que se decatou e conseguiu reanimar e facer que expulsase a auga que tragou coas súas manobras antes da chegada dos Voluntarios.
Unha vez estabilizado polos facultativos médicos desprazados nunha ambulancia do 061, o menor foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira para a sua avaluación.
 

Comentarios