Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Reiteran as denuncias sobre o estado das infraestrururas turísticas de Muxía

Cartel das caldeiras do castro
Os carteis das Caldeiras do Castro xa teñen as cascudas grafiteiras que critican o abandono das infraestruruas
Reiteran as denuncias sobre o estado das infraestrururas turísticas de Muxía

Denunciaban a semana pasada os hostaleiros o mal estado do paseo marítimo da praia do Lago. E mentres esperan porque se faga efectivo o plan de limpeza e mantemento aprobado aínda a mediados de xuño, e xa coa temporada de verán enriba, outros empresarios, así como o BNG, denuncian a falta de mantemento doutras infraestruturas turísticas.

É o caso do Camiño do Faros, aínda sen desbrozar e provocando unha imaxe fatal nos camiñantes. O empresariado denuncia tamén o estado das Caldeiras do río Castro, inaccesibels a día de hoxe pola maleza, ata o punto de que non se ve o rio dende a pasarela…

Maleza nas caldeiras do Castro
Maleza nas caldeiras do Castro

Dende o BNG inciden no estado dos accesos ás praias como Area Maior ou de Borreiros: “accesos esfolados, papeleiras cheas de lixo e todo tipo de obxectos de plástico ciscados polas dunas como na do Lago ou contedores ciscados como en Nemiña; elementos de sinalización ilexibles ou botados a perder; pasarelas arruinadas, cheas de silvas e mesmo con cachos rompidos que levan anos tirados no areal sen que os retiren; elementos metálicos arrombados e oxidados que supoñen un auténtico perigo para calquera usuario -como as porterías que hai deitadas nun lateral do polideportivo da praia dos Muiños, das que se solicitou hai meses que foran retiradas sen éxito-; sendas de acceso impracticables (algunhas delas que forman parte da ruta dos Faros) como na Arliña e Lourido, onde incluso permanecen os restos putrefactos dun delfín que hai moitos meses se solicitou que foran retirados (cando a crise dos pellets) ou pasarelas como a do Río Negro, en tal estado que aconsellaría cortar o acceso para evitar accidentes”.

Denuncia infraestruturas muxia
Diferentes infraestruturas de Muxía

”O BNG leva todo o mandato insistindo ao goberno municipal na necesidade de facer labores de mantemento e de que se acometan estas tarefas coa antelación suficiente”, sinalan, lembrando a necesidade de contar “cun servizo de salvamento e socorrismo que se xestione con tempo”. “A situación de abandono é insostible e inxustificable cun goberno que leva disposto neste mandato -a maiores do orzamento- de máis de 2 millóns de euros extra, saídos dos aforros de toda a veciñanza”.

Máis novas

Comentarios