Rescatan unha peregrina perdida polos montes de Muxía
16:39 27/09/23
Arredor das 12:00h desta mañá de mércores 27 de setembro, o 112 recibía a chamada dunha peregrina colombiana que se perdera facendo o Camiño entre Lires e Muxía. Unha muller con discapacidade que ía soa, e que se asustara ao non atopar a senda do camiño e ver como a néboa se pechaba moitísimo.
Membros de Protección Civil de Cee e Muxía, ademais da Garda Civil estiveron buscándoa e a acabaron atopando nos terreos dun parque eólico preto de Morquintian.
Recuperou o alento, e continuou o seu Camiño.