Rescatan unha muller de 87 anos da súa casa en Bardullas e a trasladan ao Hospital
18:26 08/04/18
Eran as 14:00h da tarde deste domingo cando un particular chamaba ás forzas de seguridade pois a súa veciña, unha muller de 87 anos, non respondía as súas chamadas durante os últimos dous días. Bombeiros de Cee, Garda Civil de Corcubión, Protección Civil e Policía Local de Muxía achegábanse ao lugar de Bardullas, en Muxía.
Buscando alternativas para acceder a vivenda optaron por romper o cristal dunha fiestra para poder entrar, comprobando que a señora estaba na cama deitada, que se atopa mal e desorientada. Foi trasladada ao Hospital nunha ambulancia do 061, quedando a cargo duns familiares de Pontevedra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).