Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rosalía de Castro celebrou o seu 175 aniversario en Ponteceso e Muxía

Rosalía de Castro celebrou o seu 175 aniversario en Ponteceso e Muxía

O pasado venres celebrabamos o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha inédita e fermosa fotografía. Hoxe facemos un repaso polos lugares da bisbarra onde quixeron facer unha celebración especial, e nos chegan imaxes de Ponteceso e Muxía.

“Nasín cando as prantas nasen” en Ponteceso

Fermosa homenaxe a que lle rendiron en Ponteceso á poeta. E o fixeron cunha completa sesión, que incluíu dende unha exposición bibliográfica da obra de Rosalía de Castro, unha Exposición das ilustracións de Javi Montes para o libro de Ana Mª Fernández “Rosalía do A ao Z” da Editorial Everest, e tamén algo máis actual como unha Exposición de camisolas literarias do Colectivo Tinta de Lura.

Pero ademais, houbo espazo para a representación teatral e da man de Tono Abelleira varios actores fixeron unha pequena representación da vida de Rosalía.

Celebración nos Muíños

Tamén o Colexio dos Muíños se puxo de época. E así, durante o recreo da mañá do venres os alumnos protagonizaron un recital de poesía para conmemorar o 175º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Os pequenos e os maiores do centro leron na biblioteca poemas da autora galega, e celebraron o agasallo do Concello de Muxía: unha rosa e un libro da poeta muxiá Rosalía Fernández Rial.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios