Sacando brillo ao Touriñán
Que traballo incansable e impagable realizan os voluntarios de Mar de Fábula. Esta pasada fin de semana si conseguiron, tras varios intentos fallidos por mor do tempo, achegarse ata o Coído de Touriñan, para deixala como unha patena.
E iso que despois de tres adiamentos, o sábado 23 amencía cunha chuvia tremenda. Conducindo cara alí daban ganas de cambialo rumbo 180 graos e ir de volta para casa. Pero a milagre produciuse ao chegaren ao faro ás 11:00 horas, á hora convida, e asomarse ao balcón do océano. Parou de chover e de vagar, nunha calma expectante, dende a liña do horizonte foise levantando o pano de nubes negras e un ceo azul e protector foi abrindo os seus brazos sobre toda a liña de costa, co Vilán ao lonxe. O sol brillaba no alto. Xa estaba todo claro. Era a hora de poñer mans á obra para lle curar a ferida do costado ao Cabo de Touriñán.
Un voluntarioso grupo de 18 adultos e dous nenos pequenos, durante 2 horas recolleron o lixo plástico espallado por toda a enseada, pola boleira, polo monte arriba entre as queirogas e os toxos, pola xunqueira…
Xuntaron 32 sacos grandes cheos de plásticos máis unha morea a granel: estachas, bidóns, caixas rotas, redes desfeitas, nasas de pulpo, anacos grandes de boias, plásticos e plásticos de toda caste.
Lixo recollido polos voluntarios de Mar de Fabula no Coido de TOurinanCinco dos participantes, no seu regreso a casa, fixeron un alto no coído de Moreira, cara aos ventos do norte, e xuntaron unha chea máis de lixo cargando un big-bag que atoparon enriba dos bolos.
O todo terreo do concello de Muxía co seu remolque e a súa xente participativa, fixeron escala nos dous coídos e levaron todo o lixo para a súa clasificación no punto limpo.
”Foi unha xornada boa, espléndida, coa sensación gratificante e compartida de terlle botado unha man ao mar, á nosa paisaxe, á nosa natureza”, recoñecen dende a entidade.
Quedou limpa a boleira de Touriñán Unha paraxe fermosa o Coido de Touriñán Novas relacionadas- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fábula
- Fotos de Manuel de la Fuente Subiela.