Venres. 26.04.2024
El tiempo

Sandra Vilela (PP Muxía): "Co cambio de liderazgo no PSOE comenzamos a vivir nun conflito permanente"

Falamoshoxe coa candidata do PP de Muxía, despois dunha convulsa lexislatura na que o ambiente municipal tense tornado de cor vermello. 
Sandra Vilela PP de Muxia
Sandra Vilela (PP Muxía): "Co cambio de liderazgo no PSOE comenzamos a vivir nun conflito permanente"
  • Que pasou nesta lexislatura? Non é que o de Muxía fose historicamente o pleno máis tranquilo, pero de dous anos cara aquí que foi o que cambiou?

Está claro que o que cambiou foi o liderazgo do grupo socialista. A portavoz do meu grupo fun eu nos últimos 4 anos e tamén coincide o portavoz do BNG e sempre nos respetcamos e tivemos plenos armoniosos. Co cambio de liderazgo no PSOE comenzamos a vivir nun conflito permanente, nunha falta de diálogo constante e ademáas que, precisamente a persoa que preside o pleno que debe de ser a encargada de velar por que o pleno funcione, sexa ordenado e tranquilo, era o que menos respectaba tempos e o que menos axudaba a ese ambiente de cordialidade.
O certo é que se viviron momentos bochornosos polos cales temos que pedir perdón ós muxiáns.

 
  • O discurso do alcalde de “todos contra min” a que che soa?

É un discurso populista, demagóxico e victimista a través do cal se intenta centrar o conflito e o debate nestas cuestións para que non se fale dos problemas reais de Muxía que ben distintos.
“Dar pena” é a estratexia política do grupo de goberno e, por un lado, enténdoo, cando non se fixo nada en 4 anos hai que buscar outras artimañas se ben é certo que Muxía e os muxiáns non o merecen.

 
  • Que che parece utilizar o camión municipal para unha churrascada do partido socialista?

Moitas das cousas que pasaron nesta lexislatura non son propias dunha democracia e esta é unha máis.
O goberno cree que o concello é seu e non! Pero o peor é a mentira, tentar xustificarse decindo que se solicitara como calquera outro partido político cando é falso. Nunca, ningún partido, utilizou o camión do concello para facer unha festa privada, porque entón calquera veciño terá dereito a pedilo se quere facer unha comida, unha mudanza ou o que sexa, non?
Estas son actitudes totalmente caciquiles e espero que os muxiáns non permitan que esto suceda pasando a partir do día 28

 
  • Ademais da crispación no pleno, como valoras a lexislatura en canto a infraestruturas, investimentos, programación cultural…

Non hai moito que valorar.
En canto a infraestructuras, o goberno tivo unha oposición responsable que lle permitió sacar adiante todos os plans de obras a pesar de non existir o máis mínimo diálogo, pero a realidade é que a execución desas obras o único que deron foron problemas. A agua de Suxo da que só hai executada unha parte porque todo o proxecto de traela de Vimianzo caeu dun día a outro, a depuradora de Trasufre leva 3 anos parada, a obra do entorno da Barca leva 2 anos sen rematar, a agua de Morpeguite a Pasantes deixou metade dos veciños sen agua… Un despropósito.

O incumprimento dos prazos no pago a proveedores é unha tónica habitual, así como o incumprimento da lei de contratos do sector público. A interventora deste concello chega a falar dunha posible malversación de fondos públicos na xestión do servizo do SAF.

E en canto a cultura, non hai máis que ver como están as asociación deste concello ás cales se deixou sen axudas este ano. Asociacións como a do xadrez, as palilleiras ou as comisións de festas… nada destacable se fixo en cultura mais alá de rechazar iniciativas privadas moi interesantes que se tiveron que ir a outros concellos.

 
  • Dime dúas cousas que fixo ben o goberno municipal nestes 4 anos, e outras dúas que fixo mal.

Pensei moito esta pregunta porque non quería soar demasiado pesimista pero son incapaz de encontrarlle parte positiva a este goberno.
Se teño que nomear 2 que fixo mal eu creo que a falta de diálogo e o despotismo co que se trata á democracia.

 
  • Que cousas fundamentais quedan por facer?

Importantísimo poñerlle solución ao urbanismo de Muxía para que poidamos desenvolvernos economicamente. Temos o PXOM do goberno socialista anulado e sen él Muxía non pode medrar .
Por outro lado, dotar a Muxía dos servizos básicos: Auga e saneamentos.

E creo que tamén temos que ser ambiciosos en política cultural e deportiva, temos que tentar ser un referente nestas dúas áreas que son fundamentales para o desenrolo das persoas e, ademáis, temos que darlle vida ao noso concello. Que a xente, os mozos, vexas aquí cubertas as súas necesidades nesas áreas.

  
  • O tema do abastecemento cres que está máis ou menos solventado?

Non, para nada. Muxía sigue carrexando camións de agua cada ano para poder abastecer as necesidades que temos.
A solución á agua de Muxía pasa por traela dende a Mancomunidade de Fisterra ou eso cremos nós, e executaremos ese proxecto nos 4 anos se así o queren os veciños a partir do 28 de maio. Temos claro que ese problema non se pode parchear máis e aínda que é costoso tamén é moi necesario.

  • En materia de Servizos Sociais, que necesidades ten Muxía?

Primeiro hai que resolver o despilfarro do SAF.
Complementario a eso, levamos no programa a creación dunha rede de casas do maior para conseguir ter, de aquí a 4 anos, unhas 35 – 40 prazas de centro de día de proximidade no noso concello. Estas iniciativas están funcionando moi ben nos concellos da contorna.
E, a partir de aí, cremos que hai que ser moi cuidadosos con todo o que ten que ver cos servicios sociais. Estar preto dos veciños e tratar cada caso de xeito individualizado.

 
  • Cal é o voso proxecto para Muxía?

Queremos crear o Muxía o futuro. Estamos fartos de ver como os últimos gobernos se limitaron a facer unha política clientelar de mínimos. Temos que aspirar a ser un concello referente na Costa da Morte e en Galicia como o fomos anos atrás.
Temos un programa electoral moi ambicioso pero e que a política vense a conseguir imposibles non a apoltonarse nun sillón.
Se os veciños así o queren a partir do 28 de Maio construiremos o Muxía do futuro entre todos.

Outras novas do PP

Comentarios