Venres. 29.03.2024
El tiempo

Selvita deixa orfo o Mosteiro de Moraime

Selvita deixa orfo o Mosteiro de Moraime
Selvita-Foto-Xerardo Haz Lema Selvita nunha foto de Xerardo Haz Lema

Milleiros de persoas lembrarán Moraime por ela. Esa muller que aparecía mentres visitabas o mosteiro e che contaba mil e unha historias. Esa muller que vivía aquel lugar, que axudou a descubrir e divulgar a importancia deste mítico lugar. A súa naturalidade, a súa simpática fala, e sobre todo, a súa impresionante memoria e paixón, permitiron que milleiros de visitantes marchasen da Costa da Morte cun sabor auténtico.

Así o conta en primeira persoa Viki Rivadulla, que disfrutou dela dende a infancia ata onte, 11 de maio de 2016, cando Selvita Touruñán falecía aos 92 anos, deixando orfo o Mosteiro de Moraime.

Hoxe será enterrada ás 16.30 horas no cemiterio San Xiao de Moraime.

Novas relacionadas

Outros artigos de interese

Fonte

Comentarios