Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Sofía López renuncia á súa acta de concelleira do PP de Muxía

Sandra Vilela e Sofia Lopez do PP de Muxia
Sandra Vilela xunto con Sofía López ás portas do conncello
Sofía López renuncia á súa acta de concelleira do PP de Muxía

A voceira do Partido Popular no Concello de Muxía, Sandra Vilela, comunicou hoxe a renuncia por motivos persoais de Sofía López como concelleira dos populares no municipio. A xa ex edil formaba parte do grupo municipal desde o ano 2019 onde desenvolveu sempre un labor moi próximo a todos os veciños do concello.

 Vilela quixo aproveitar para agradecer o traballo “incansable” de López, de quen Vilela destacou o seu “compromiso” con todos e cada un dos asuntos que pasaron pola súas mans, a súa “lealdade” co partido e o agarimo co que sempre levo a cabo o seu labor como concelleira popular. “Perdemos a unha persoa moi importante para nós, que sempre estivo disposta a botar unha man no que fixera falta e que, por encima de todo, o seu único propósito foi mellorar a vida dos veciños de Muxía”, apuntou Vilela.

O partido comunicará nos próximos días quen é a persoa que substitúe a Sofía López como concelleira na corporación municipal do Concello de Muxía.

Comentarios