Luns. 29.04.2024
El tiempo

Teresa Búa marida encaixe e moda dixital na Mostra

Teresa Bua na Mostra do Encaixe
Teresa Búa marida encaixe e moda dixital na Mostra

A deseñadora muxiá Teresa Búa, gañadora do concurso de Noveis Deseñadores no ano 2017, disfruta esta fin de semana dunha vertixe de emocións co seu stand no pavillón ‘A’ da Mostra do Encaixe de Camariñas. Un posto no que explica o proceso que leva a cabo para crear as súas pezas e onde se pode ver o resultado do seu proxecto ‘Mariscadoras con luna’.

Un proxecto que realizou a través dunha subvención da modalidade de deseño das Ayudas Injuve para la Creación Joven, que pon en valor a artesanía de Galicia e a fusiona coa moda dixital.

‘Mariscadoras con luna’ é unha colección de lencería, composta por kimonos e vestidos de seda. Todas as prendas están rematadas con encaixe de Camariñas e o proceso creativo é completamente dixital. O estudo e representación das prendas en 3D permitiulle a Teresa Búa reducir recursos, creando unha colección sustentable.
O proxecto, que se levou a cabo coa colaboración do Concello de Camariñas, a través do departamento da Mostra do Encaixe, estará exposto no Museo do Traxe de Madrid a primeiros de xuño.

Comentarios