Un home resulta ferido ao emborcar o camión que conducía
18:08 23/01/18
O sinistro tivo lugar ao redor das 13 horas na estrada que comunica Senande con Berdeogas. Imaxe: Protección Civil Muxía
Un home resultou ferido leve este mediodía ao emborcar, por causas que se descoñecen, o camión que conducía e no que trasportaba formigón. O accidente tivo lugar ao redor das 13 horas na carretera do concello de Muxía que comunica Senande con Berdeogas (CP 3403) á altura do quilómetro 3. Os Bombeiros de Cee tiveron que excarcerar ao conductor e os equipos sanitarios encargáronse de trasladalo para o hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
A causa do accidente o camión perdeu combustible nunha zona próxima a un regato. A rápida intervención dos membros de Protección Civil de Muxía e dos Bombeiros de Cee evitou que o verquido fose a parar ao río Castro.
O conductor foi trasladado ao hospital Virxe da Xunqueira despois de que os Bombeiros de Cee o excarceraran. Imaxe: Protección Civil Muxía
Os equipos de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Médicas, Augas de Galicia, Garda Civil, Protección Civil e Bombeiros de Cee.
Os Bombeiros de Cee tiveron que cortar o pilar da cabina para poder separar o teito do camión e sacar ao conductor. Imaxe: Proteccion Civil Muxía
Accidentes 2018
- 22-01-18: Falece unha señora 3 días despois do accidente de Berdeogas
- 19-01-18: Catro feridos tras un forte accidente en Dumbría.
- 15-01-18: Tres feridos nun accidente entre outros tantos coches en Calo
- 12-01-18: Un ferido nun accidente de tráfico en Muxía
- A noite de Reis deixou un accidente en Carnota
- Redacción QPC ([email protected])
- 112
- Bombeiros de Cee