Un novo incendio arrasou case 10 hectáreas en Coucieiro
Parece que, lamentablemente, se abriu a veda. Dous incendios en dous días, poñen en alerta á toda a comunidade da Costa da Morte. Onte era a parroquia de Berdoias a que sufría o medo das lapas, e hoxe tocaba en Muxía.
O lume, comezaba en Santa Mariña, na parroquia de Coucieiro, e comezou a espallarse cara o sur, cara a zona de Sorna e Sinagoga. Finalmente, quedou estabilizado ás 20:00h, cunha superficie provisional queimada de 9,54 ha de arborado.
Traballaron na extinción os seguintes medios: 3 axentes, 6 brigadas, 5 motobombas, 2 helicópteros e 1 avión, que chamou moito a atención dos veciños. Precisamente, varios gandeiros da zona tamén puxeron os seus tractores ao servizo da extinción.
Agradecemos a difusión do departamento de prensa de Medio Rural, que nos informou destes datos a pesar de non superar as 20 hectáreas, xa que a través do twitter @incendios085 informan só deses grandes lumes.
Agradecemos moito máis a vontade de todos vós, que nos estades achegando a realidade ao minuto, enviándonos as vosas fotos dos incendio e as vosas impresións a través do noso Facebook e o noso Twitter, e a través do whatsapp (637 704 893).
Precisamente aquí vos deixamos unhas imaxes que nos enviaron Kevin e Sandra dende a zona afectada.
Incendios forestais 2015
- 14-07-15: Extinguido o incendio que arrasou con 42 hectáreas en Berdoias.
- 19-06-15: Un novo incendio provocado arrasa o monte de Serres.
- 16-06-15: Un incendio en Vimianzo calcina parte dunha explotación gandeira.
- 09-06-15: Gures estrea a tempada de incendios.
Novas relacionadas
- Os axentes forestais critican, un ano máis, a falta de prevención.
- Unha de prevención: A Xunta gastou no lume do Monte Pindo 14 veces máis do que invertira anteriormente.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).