Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un pirata e un corvo recibirán o Premio María Amelia 2013

Un pirata e un corvo recibirán o Premio María Amelia 2013
María Amelia foi a primeira persoa entrevistada por QPC

Hoxe reuniuse o xurado do Premio Maria Amelia 2013, un premio co que o Concello de Muxía quere recoñecer o traballo daquelas persoas a prol do patrimonio material e inmaterial de Muxía e a súa bisbarra, e a promoción de valores positivos entre a veciñanza.

O Alcalde Félix Porto presentou na reunión a proposta de Alcaldía de entregar o premio aos dous candidatos de este ano:

  • Xosé Búa Trillo, responsable da web piratasdemuxia.es, dende a que se promocionan o deporte e o patrimonio muxián, ademais de dar difusión aos actos culturais que se desenvolven no municipio, prestando grande dedicación e tempo a este traballo;
  • Jesús Toba Novo, conserxe do CEIP Os Muíños, coautor dos libros do "Corvo Roque", e persoa moi entregada á dinamización dende este centro educativo, colaborando en moitas actividades culturais. O seu traballo é moi valorado polas familias muxiás.

O xurado aprobou esta proposta do Alcalde e o premio será entregado aos dous candidatos o día 31 de agosto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios