Un pirata e un corvo recibirán o Premio María Amelia 2013

14:15 31/07/13

Hoxe reuniuse o xurado do Premio Maria Amelia 2013, un premio co que o Concello de Muxía quere recoñecer o traballo daquelas persoas a prol do patrimonio material e inmaterial de Muxía e a súa bisbarra, e a promoción de valores positivos entre a veciñanza.
O Alcalde Félix Porto presentou na reunión a proposta de Alcaldía de entregar o premio aos dous candidatos de este ano:
- Xosé Búa Trillo, responsable da web piratasdemuxia.es, dende a que se promocionan o deporte e o patrimonio muxián, ademais de dar difusión aos actos culturais que se desenvolven no municipio, prestando grande dedicación e tempo a este traballo;
- Jesús Toba Novo, conserxe do CEIP Os Muíños, coautor dos libros do "Corvo Roque", e persoa moi entregada á dinamización dende este centro educativo, colaborando en moitas actividades culturais. O seu traballo é moi valorado polas familias muxiás.
O xurado aprobou esta proposta do Alcalde e o premio será entregado aos dous candidatos o día 31 de agosto.
Novas relacionadas
- 2012: Aurelio González Fernández recibe o Premio María Amelia 2012.
- 2010: Xan Fernández Carrera galardoado co Premio Maria Amelia 2010.
- 20-05-10: Un ano sen María Amelia.
- 21-05-09: Ata sempre María Amelia.
- 27-03-09: María Amelia descobre o vídeo chat.
- 09-05-08: Entrevsta con María Amelia: ” Son socialista desde os 16 anos”.
- 19-11-07: María Amelia gaña o premio Bobs ao “Mejor Blog de habla hispana”.
- 02-09-07: 1ª entrevista: María Amelia fala por internet.