Venres. 03.05.2024
El tiempo

Muxía camiña cara a excelencia hostaleira

Muxía camiña cara a excelencia hostaleira
Sesion de coñecemento das algas na Casa Ceferinos con Miguel Silvarredonda no marco do proxecto Muxía Camiñando cara o mar

Da necesidade de mellorar o noso servizo de atención ao visitante non cabe dúbida. Todos estivemos presentes en situacións con amigos de fóra nas que o camareiro de turno parece que lle bota unha bronca por non decidirse a pedir. "Pero se non me dixera o que hai?!?" pregúntache o teu amigo estranado.

Pero esa mellora vai máis aló. Tamén fai falta aprender a exaltar os nosos sabores, o noso mar. E un dos grandes descoñecidos son as algas. Neses dous eidos, no do servizo e no da cociña, traballa o proxecto proxecto “Camiñando cara ó mar” promovido polo Concello de Muxía e financiado con fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira GAC 3 – Costa da Morte, que continua desenvolvendo as accións de formación destinadas aos negocios de hostalaría do municipio e a outros sectores comerciais.

O pasado mércores 6 tivo lugar o curso “Coñecemento e uso de algas” impartido polo cociñeiro Miguel Silvarredonda en Casa Ceferinos (Frixe - Muxía). Unha decena de hostaleiros aprenderon a sacarlle proveito ás verduras de mar para facer delas unha verdadeira excelencia.

Sesion de coñecemento das algas na Casa Ceferinos con Miguel Silvarredonda no marco do proxecto Muxía Camiñando cara o mar

Máis citas

Esta semana hai varias accións máis. Así, o luns 11 está previsto o curso de "Barista/coctelería" en Café Bar O Xardín e o mércores 13 celebrarase a xornada “Actores complementarios”, dirixida a comercios da vila en xeral, que se celebrará na Biblioteca Municipal.

Xa na segunda parte do mes de marzo, o luns 18, impartirase a acción "Km0, o peixe que pescamos o peixe que servimos", a cargo do Restaurante Abastos 2.0. Será no restaurante A de Loló.
O mércores 20 está previsto o curso "Manipulación de productos do mar, cortes e preparacións", en Casa Ceferinos e o luns 25, "Rexeduría de pisos" (sen confirmar o lugar).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios