Mércores. 18.09.2019
El tiempo

Veciños e oposición critican o mal estado da estrada de acceso a Touriñán

Veciños e oposición critican o mal estado da estrada de acceso a Touriñán
Así está a estrada de acceso ao Faro Touriñán Así está a estrada de acceso ao Faro Touriñán

Multiplícanse as queixas dos veciños de Nemiña, Touriñán, Morquintián, Frixe, Bardullas e Buiturón –principais prexudicados polo estado da vía- polo mal estado de conservación no que se atopa a estrada que dá acceso ao Faro Touriñán. Unha situación que tamén afecta aos centos de visitantes que se achegan a un dos enclaves turísticos máis representativos do Concello de Muxía.

Por todo iso o PP muxián vai esixir no vindeiro pleno que se acomentan as obras de mellora. “Levamos anos esperando a que Puertos del Estado, o Concello ou a Deputación tomen cartas no asunto, pero ó único que fan e pasarse a pelota duns a outros”, dixo Sandra Vilela, voceira local.

Dende o PP local consideran que a mellor solución é que Puertos del Estado realice as obras na estrada, e a que despois chegue a un acordo co Concello para que o executivo asuma o mantemento e conservación do viario. “Estamos convencidos de que esta é a mellor solución ao problema. Portos do Estado é a administración titular da estrada e, por tanto, pode actuar; o Concello, posteriormente, pode ofrecer ese servizo aos veciños”, subliñou a popular.

Fonte

  • PP de Muxía.

Comentarios