Viki Rivadulla leva a súa Bruxa a Lugo

15:45 09/05/19
Este mércores 8 de maio, tivo lugar a inauguración da exposición "Bruxa!”, de Viki Rivadulla, no Museo Provincial de Lugo. Uha exposición que “fala do empoderamento feminino e a sororidade como ferramentas para loitar contra a violencia” e que se estreou en Vimianzo, e xa percorre o país.
Estivo acompañada por Luz Darriba, Premio da Cultura Galega das Artes 2018, e por un grupo de mulleres comprometidas que leron diferentes textos inspiradores deste proxecto artístico.
A Ademais de expoñer no Museo Provincial, haberá tamén obra da artista muxiá durante todo o mes nos outros museos que pertecen á Rede Museística de Lugo.
Novas relacionadas
- Viki Rivadulla: "Bruxa fala do empoderamento feminino e a sororidade como ferramentas para loitar contra a violencia”.
- Viki Rivadulla: 25N: Isto tamén vai contigo.
- Viki Rivadulla: Viki Rivadulla: "O legado de Caamaño ten o problema da necesidade de cartos que conleva recuperar todo iso”.
- 2015: Viki Rivadulla fixo soar O Bruar da Bughina en Vimianzo.
- 2013: Viki Rivadulla estreou entre versos amigos a exposición do seu mar.