8 DE MARZO
Corcubión traballa o Día da Muller dende os centros de ensino

Camariñas xa se postulou como epicentro comarcal das mobilizacións poo 8 de marzo. Pero seguro que toda a bisbarra acollerá numerosos actos. Por exemplo, Corcubión, onde a Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Corcubión, aposta por un programa que ten como destinatarios ao alumnado dos centros de ensino.
Así, a Escola Infantil Municipal, CEIP Praia de Quenxe, IES Fernando Blanco e Biblioteca Municipal, vivirán actividades de coeducación a través de contacontos, concurso de redaccións sobre as avoas de Corcubión e un obradoiro de igualdade para os mozos e mozas de 1º e 2º de ESO.
As citas xa comezan hoxe xoves, 21 de febreiro, no CEIP Praia de Quenxe, cun contacontos e elaboración de mural para os do ciclo infantil e 1º e 2º de primaria e un obradoiro de posta en valor das nosa mulleres maiores a través do concurso "As Nosas avoas" para elo contaremos coa educador e artesá Palmira Castro.
As citas continúan a semana próxima cun obradoiro de igualdade no IES FErnando Blanco, impartido polo psicólogo social SErgio Trillo e rematan o 4,5 e 6 de marzo con contacontos e actividades para os e as menores da Escola Infantil Municipal e coa dinamización do recuncho violeta da Biblioteca, contaremos para elo coa directora da EIM, coa encargada da Biblioteca e coa educadora dos servizos.
Novas relacionadas
Máis novas
- Novembro 18: As Buseranas pechan un histórico 2018 na loita feminista na Costa da Morte.
- Marzo 18: Como secundou a folga feminista a Costa da Morte.
- Marzo 18: 8 de marzo: A Costa da Morte saíu á rúa con máis forza que nunca.
- Viki Rivadulla: 25N: Isto tamén vai contigo.