Cee traballa a igualdade polo 8 de marzo dende as escolas

Como en Corcubión, o Concello de Cee xa traballa en clave de igualdade de cara ao 8 de marzo, e faino dende os centros de ensino. Así o Centro de Información á Muller prepara varias actividades escolares.
Primeiro, o 25 de marzo, preparan uns Obradoiros de igualdade no IES Agra de Raíces e CPR Manuela Rial Mouzo para o alumnado de 1º e 2º da ESO. Sergio Trillo, psicólogo social, será o encargado de impartilos.
Ademais, poucos días despois haberá Obradoiros de sensibilización contra a violencia de xénero para os cursos de educación primaria de 4º, 5º e 6º en abril.
Non faltarán os Contacontos de igualdade para as unitarias de Brens e Pereiriña con Raquel Queizás para o 28 de maio; e unha sesión teatreira (“Igualdade onde estás?”) con Fani Triana para o alumnado da ESO o 30 de abril.
Almorzo / debate e concentración
O CIM, en colaboración co Centro Social prepara o V Almorzo - Tertulia polo Día Internacional da Muller. A cita, a partir das 10:00h do propio 8 de marzo, e con Eva Senlle Buiturón, Policía Local de Cee, falarase de temas relacionados coa muller: profesións, emprego, diferencias salarais, responsabilidades familiares… Todas as mulleres da zona están invitadas.
Ao remate, arredor das 11:45h, toca concentración e lectura do manifesto diante do Concello. (si chove será no mercado municipal).
Excursión do Centro Social
Novas relacionadas do 8 de marzo
- Corcubión traballa o Día da Muller dende os centros de ensino.
- Camariñas postúlase como epicentro das mobilizacións polo 8 de marzo.
Máis novas
- Novembro 18: As Buseranas pechan un histórico 2018 na loita feminista na Costa da Morte.
- Marzo 18: Como secundou a folga feminista a Costa da Morte.
- Marzo 18: 8 de marzo: A Costa da Morte saíu á rúa con máis forza que nunca.
- Viki Rivadulla: 25N: Isto tamén vai contigo.