Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A voltas cas obras de Muxía

Camiños interiores no núcleo de Vilachán
Así están os camiños interiores no núcleo de Vilachán
A voltas cas obras de Muxía

Esta pasada semana o PP de Muxía denunciaba “a parálise que se está sufrindo no concello ante a incapacidade de xestión do goberno local”. A voceira Sandra Vilela lamentaba o atraso de obras como a de Moreira ou Trasufre, obras quedaron proxectadas e dotadas de presuposto polo goberno anterior, pero que seguen sen comezar.

Rapidamente responde o goberno socialista, asegurando que esas obras, entre outras, están en proceso de licitación (ou execución), no marco do POS adicional, da Deputación Provincial da Coruña. O goberno local informa de obras por case medio millón de euros: a obra en Fumiñeo, por valor de 157.000 euros; o saneamento na contorna de Muíños, por valor de 48.039,81 euros; as melloras en Touriñán e Moreira, por valor de 35.226 euros e 47.797 euros respectivamente; unha instalación dun complexo depurador en Trasufre, que custará 132.501 euros e o camiño que une Vilachán con Morquintián, cuxas obras se executarán por un montante de 49.500 euros.

Comentarios