xoves. 01.05.2025
El tiempo

Xan Fernández Carrera galardoado co Premio Maria Amelia 2010

Xan Fernández Carrera galardoado co Premio Maria Amelia 2010
O investigador e historiador Xan Fernández Carrera acaba de ser galardoado co Premio María Amelia, que cada ano outorga o Concello de Muxía en lembranza da muxiá máis coñecida do novo mundo, "a abuela blogueira". Un premio que se sae un pouco do que representou Maria Amelia para os maiores de todo o mundo, e que centra o seu parabén para aquelas persoas que "promocione ou enriqueza material ou inmaterialmente a vila e Concello de Muxía". Iso si, o feito de que os propios veciños sexan os que propuxeron a Xan Fernández para ser galardoado co premio, é moi clarificador, e demostra o que leva facendo o mestre durante todos estes anos. De feito, foi un 19 de abril de 2010 cando uns veciños entraron no rexistro municipal con 100 firmas veciñais propoñendo a Xan Fernández Carrera como merecedor do Premio María Amelia 2010. A votación non tivo loita posible e Nacho Porto, autor material do premio, foi quen fixo a entrega. Con todo, o seu traballo de estudo e difusión dos elementos que conforman o patrimonio histórico, cultural e natural da Costa da Morte, e especialmente do concello muxián, e pola súa activa participación na dinamización da vida cultural de Muxía, fano merecedor dun premio destas características. Fonte
  • Foto da entrega de Javier Toba.

Comentarios